Publicidade

Agadea Alzheimer alzouse como Estradense do Ano en Redes

Recibiu o 53% dos votos

Este xoves o MOME acolleu a segunda edición dos Premios Rebumbio, que recoñecen as proposta de comunicación local nas redes sociais. Organizados por Actual Comunicación, contaron con 8 categorías diferentes.

O Momento Rebumbio do Ano foi entregado pola propia organización a Patiñas da Estrada. No caso do Estradense do Ano nas Redes, o galardoado saíu dunha votación por parte dos estradenses feita nos días previos.

As restantes seis categorías foron outorgadas por un xurado profesional que, coma na primeira edición, estivo formado por Fran Brea, redactor de La Voz de Galicia Delegación Barbanza, Chus Aldariz, experta en comunicación e directora de Dual Web Media, e Kike Vázquez, técnico de Cultura do Concello da Estrada.

Patiñas da Estrada

A elección, indican dende Actual Comunicación, obedece tanto á súa actividade constante en redes sociais a prol do coidado e protección dos animais coma, de xeito especial, ao “rebumbio” conseguido coa chamada de auxilio difundida pola protectora no caso da cadela Bombón.

Agadea Alzheimer

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer ten presenza na Estrada dende fai anos e é a encargada do Centro de Día da localidade.

Gañou co 53% dos 530 votos recibidos. Seguírona:

  • Darlle Bolo (13,4%)
  • Madeira no Losada (12,8%)

A Riala

Pintaletras

Un Valo no Castro Loureiro

Coto Manguelo

Non Vale Furar

David Eyo

Imaxe de portada: premiados nos II Premios Rebumbio

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo