UCIN Galicia esixe melloras nos servizos sociais, sanidade e atención a maiores da Estrada

UCIN Galicia esixe melloras nos servizos sociais, sanidade e atención a maiores da Estrada

Este xoves o coordinador de Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) en Galcia, José Luis Calo, mantivo un encontro con veciños da Estrada para recoller as principais preocupacións e demandas da cidadanía, especialmente en materia de servizos sociais, sanidade e atención a maiores.

Segundo trasladaron dende o partido nunha nota de prensa, os asistentes trasladaron inquietudes pola “falta de recursos públicos suficientes para garantir unha atención digna á poboación envellecida”. Calo comprometeuse por trasladar estas problemáticas ás institucións responsables. “A Estrada non pode seguir agardando por servizos esenciais que son un dereito básico dos seus veciños”, asegurou.

Do mesmo xeito, mostrou a súa preocupación por “determinadas problemáticas que afectaron recentemente ao municipio no ámbito da seguridade e convivencia”, aínda que sen especificar cales. Este medio púxose en contacto co partido para preguntar por eles, aínda que no momento de publicación desta nova aínda non recibira ningunha resposta.

Imaxe de portada: Calo diante da base de Emerxencias // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo