Esta fin de semana o lugar da Portela, en Codeseda, celebrará as súas festas na honra de San Roque. Comezará o sábado 22 cun xantar ás 14.30 horas, que estará amenizado polo dúo Marema. O menú constara de churrasco mixto, patacas, ensalada, sobremesa, café e bebidas. Custará 25 euros, exepto para os menores de seis anos, que xantarán gratis. Os tickets pódense recoller antes do martes 18 no Teleclub de Sabucedo, no Bar Camiño da Geira (Codeseda) ou a través dos membros da comisión.
O domingo 23 ás 12.00 horas oficiarase unha misa na igrexa de Codeseda.


Deixa unha resposta