Publicidade

SP Estrada, Estradense e Noia xogarán o Triangular Concello da Estrada

SP Estrada, Estradense e Noia enfrontaranse no VI Triangular Concello da Estrada, que se celebrará o 29 de agosto no Manuel Regueiro. Serán tres partidos de 45 minutos e terá lugar a unha semana de comezar a tempada. Ao remate de cada partido farase unha tanda de penaltis para resolver posibles empates. A entrada será de balde.

Comezará ás 18.00 horas co SP Estrada – Noia. A seguir, ás 19.00 horas, enfrontaranse o Estradense e o Noia e, ás 20.00 horas, terá lugar o derbi estradense, co SP Estrada exercendo de local e o Estradense de visitante.

Un cartel coa xuventude de cada equipo

Para o cartel promocional apostouse por poñer unha cara nova de cada equipo. Por parte do SP Estrada é a de Fran Rosende; no caso do Estradense, a de Marcos Míguez e no do Noia, Rodrigo Fernández.

Imaxe de portada: presentación do Triangular // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo