Publicidade

Catro feridos nun accidente múltiple en Couso

Catro feridos nun accidente múltiple en Couso

En torno ás 15.45 horas deste venres catro persoas resultaron feridas nun accidente múltiple na PO-841 en Couso. Tres vehículos víronse implicados no sinistro e foi necesario cortar a estrada en dirección A Estrada, desviando o tráfico polo Souto de Vea, coas consecuentes retencións que iso provocou.

Os feridos tiveron que ser trasladados en ambulancia. Ata o punto tamén se desprazaron efectivos de Emerxencias A Estrada, Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo André de Vea. A normalidade no tránsito recuperouse pasadas as 18.30 horas.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo