Este sábado 2 Aguións celebra as súas festas na honra de Santa Rita. Os festexos comezarán ás 13.00 horas cunha misa cantada polo coro parroquial. O prato forte será a comida campestre que celebrarán. Ademais, contarán coa música de Eric Hidalgo, excantante da orquestra Los Satélites.
O menú do xantar estará composto por callos, carne estofada, sobremesa e bebidas varias. Custa 30 euros para os adultos e 15 para os rapaces de entre 4 e 10 anos. Os tickets póde se adquirir no Florida, no Mesón O Xarro, na perruquería Verónica Pazos e a través da propia comisión.

Deixa unha resposta