Publicidade

Piden colaboración cidadá para propoñer melloras para A Estrada

A asociación Imaxina e Axuda convocou aos estradenses para colaborar na redacción de propostas sobre cousas que se poden mellorar no concello, tales como un servizo de bus que conecte o rural coa vila, que é unha das necesidades que identificaron durante a súa visita aos institutos.

Será este sábado 2 ás 18.00 horas na Estación. Aínda que está orientado á xuventude, admítese a participación de calquera persoa. Esta actividade forma parte do programa Actuación Xove, do que é partícipe Xornal da Estrada.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo