A Estrada Futsal – Inversia 10 · 0 UD Estrada FS
O Estrada Futsal imponse no derbi local 10-0 e deixa practicamente asegurado o ascenso a Preferente.
Compostela 2 · 1 Estradense
O Estradense mantense 4°, pero empatado a puntos co 5° e o 6°, tras perder contra o Compos.
O vindeiro domingo será a gran final, na que se decidirá se xoga os playoffs ou non. Recibirán no Novo Municipal ao Barco ás 18.00 horas. Será Día do Socio, polo que cada socio pode levar gratis dous acompañantes.
Os roxillos terán a baixa de Landeira, que rompeu a tibia e o peroné, véndose afectada a articulación co nocello. É baixa ata finais da vindeira tempada.
SP Estrada 2 · 1 Ribadumia
Vitoria do SP Estrada no minuto 90 co gol de Juanín. Mantense na táboa.
Trazo 2 · 0 Vea
O Vea segue sen erguer a cabeza. Esta semana perdeu na casa do Trazo. Atópase 1 punto por encima dos postos de descenso.


Deixa unha resposta