Diferentes asociacións convocaron para o vindeiro sábado 9 ás 12.00 horas unha concentración para pedir á Xunta que suspenda o L Concurso Internacional de Pesca de Salmón, que se celebrará o día seguinte. O acto reivindicativo celebrarase na ponte de Pontevea.
O campionato de pesca forma parte da Festa do Salmón e é a única data e evento en todo o ano no que se vai poder pescar salmón no Ulla. Iso débese á mingua da poboación deste peixe.
Entre os entes que organizan esta concentración atópanse ADEGA, FEG, AEMS, Plataforma Ulloa Viva, Plataforma Mina Touro O Pino NON, A Ulla Viva e Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
Manuel Sanmartín: “Os pescadores somos os únicos que facemos algo para que sigamos tendo salmóns no Ulla”
O presidente sa Sociedade Deportiva Río Ulla falou da veda á pesca de salmón
Imaxe de portada: Río Ulla, dende Ximonde // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta