Un grupo de dez docentes do LPO Tani Malandi de Chirongui (Mayotte, Océano Índico) atópanse dende o pasado luns e ata o vindeiro venres na Estrada. Participan nun proxecto Erasmus+ relacionado coa formación e intercambio profesional.
A delegación de mestres que chegou ao IES Antón Losada Diéguez está formado por especialistas en Física, Matemáticas, Carpintaría, Artes e Pedagoxía. Durante a estancia están aprendendo sobre o modelo educativo estradense da rama de Madeira. Nos vindeiros días estarán presentes nas leccións nas aulas e manteñan reunións técnicas co profesorado do instituto. Ademais, visitarán as empresas Martínez Otero e Nudima.

Na mañá deste mércores foron recibidos polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, no Consistorio estradense.
Viaxe de mestres do Losada a Mayotte
Esta colaboración vai ter continuidade a partir do 20 de maio coa visita dun grupo de tres mestres do centro a Mayotte. Deste xeito, completarán este ciclo de intercambios de coñecementos e métodos pedagóxicos.
Imaxe de portada: recepción no Concello // Concello da Estrada


Deixa unha resposta