O IES Avelina Valladares vai celebrar o vindeiro 22 de maio ás 10.30 horas a primeira edición do Avelina Fest. Este, din dende a organización, será o “primeiro festival 100% en galego feito nun instituto”. Será gratuíto, con acceso limitado aos estudantes do centro e a outros que conviden.
Contarán coa actuación de Lúa Mosquetera, Tapa d’Orella e Señora DJ. Amais, terán zona de descanso e photocall. A festa alongarase ata o remate da xornada educativa.
A orixe, trasladan os organizadores, reside nunha conversa entre compañeiros do equipo de Dinamización Lingüística do instituto. “Falabamos do bo momento que está vivindo a música en galego, e que se debería aproveitar para conectar coa xente xoven”, din. As bromas de varios deles dicindo que había que facer un festival e de mestres suxerindo que se encargaban do photocall e de implicar ao alumnado remataron dando orixe ao Avelina Fest.
Imaxe de portada: IES Avelina Valladares // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta