Este sábado 23 A Estrada celebrará unha nova edición do Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada, unha proba que proba puntúa nas categorías Master 60, Master 50, Master 40 e Master 30. Organízaa o Club Ciclista Cidade de Santiago.
Debido a iso, a circulación podese ver afectada momentáneamente. Na Estrada será na Rúa Antón Losada Diéguez (onde se situará a saída e a meta), Avenida de Santiago, Avenida de Pontevedra, Avenida de Leicures, Avenida 25 de Xullo e Rúa Gradín.
Outras vías que verán afectado o tráfico son a N-640, a N-550, a EP-7004, a EP-7005, a EP-8400, a EP-8401, a EP-9407, a PO-213, a PO-221, a PO-226, a PO-531 e a PO-841, polas que circulará o pelotón nalgún momento.
Percorrido

En total percorreránse 80,1 quilómetros. A saída situaráse na Rúa Antón Losada Diéguez. Será ás 16.00 horas. O pelotón agrupado terá que subir pola Avenida de Santiago e continuar pola Avenida de Pontevedra, onde se dará a saída lanzada.
A carreira porá rumbo a Cuntis e Moraña, onde estará o primeiro sprint intermedio. Rodarán dirección Caldas de Reis, desde onde poñerán rumbo a Moraña, atopándose cunha subida na que se podería descompoñer o grupo principal.
En Cuntis terán a segunda meta voante. Ao chegar á Portela (Cuntis), dirixiránse ao Souto de Vea. Desde alí continuarán por un terreo rompepernas no que destacan os ascensos a Santeles (2 quilómetros ao 5,6%) e á Cañoteira (1,3 quilómetros ao 6%) que poden rematar de dinamitar o grupo dos favoritos. Cómpre destacar que a subida da Cañoteira remata a un quilómetro do arco de meta. A chegada prevese para pouco despois das 18.00 horas.
Imaxe de portada: saída do Trofeo Concello da Estrada 2024 // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta