A “noite” e o “azul” de Begoña Caamaño, na Festa das Palabras

A “noite” e o “azul” de Begoña Caamaño, na Festa das Palabras

60 rapaces e rapazas dos diferentes centros educativos da Estrada serán premiados este mércores a partir das 20.00 horas na XIII Festa das Palabras. Haberá dous premiados por cada ciclo en cada colexio e instituto, un na categoría de micropoemas e outro no de microrrelatos. Para os primeiros tiveron que empregar a palabra noite e, para os segundos, azul. Ambos termos foron extraídos da obra de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada polas Letras Galegas. Organizada por Dinamizaestrada, terá a Xosé Lueiro como padriño.

Imaxe de portada: presentación da XIII Festa das Palabras // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo