Publicidade

San Pedro de Ancorados honra o Santo Cristo e Santa Rita

Esta fin de semana San Pedro de Ancorados celebra as súas festas na honra do Santo Cristo e de Santa Rita. O sábado 30 estará adicado a esta última, comezando os actos festivos cunha misa solemne ás 13.00 horas. Ao seu remate, comezará a sesión vermú, a cargo da charanga Ardores. Á noite, a verbena estará amenizada pola charanga Ardores e polo dúo Aires de Broña.

O domingo 31 honrarase o Santísimo Sacramento. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa solemne. O pasarrúas e posterior concerto correrán a cargo das bandas de música municipais de Celanova e da Estrada.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo