Dende este venres e ata novo aviso non se poderán facer queimas de restos agrícolas e forestais de particulares. En consecuencia, os permisos concedidos quedarán invalidados a partir desa data.
Esta decisión tomouna Medio Rural tras analizar as previsións meteorolóxicas e os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Amais, tívose en conta que “a normativa establece a suspensión das queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control”.
Este mércores foi o primeiro día dende que comezou este episodio de calor no que o risco de incendio foi moi alto nalgúns concellos. Gran parte de Galicia, incluída A Estrada, estivo en risco alto. Nos vindeiros días reducirase o risco especialmente en áreas do norte, máis seguirá sendo alto ou moi alto nos concellos da provincia de Ourense.
Imaxe de portada: queima de restos agrícolas // Xerada con IA


Deixa unha resposta