Publicidade

A Feira da Sidra presenta novidades e amplía o prazo da venda anticipada de vasos

A Feira da Sidra presenta novidades e amplía o prazo da venda anticipada de vasos

A Feira da Sidra que se celebrará na Estrada virá acompañada de varias novidades. Á parte do festival Son do Lagar, o evento sidreiro contará cunha zona tranquila na alameda e cun posto de venda de sidra. O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, anunciou que a venda anticipada de vasos prolongarase ata venres.

Para saborear as sidras a Praza do Concello encherase de parasois e puntos de degustación. Nun dos extremos da praza colocarase unha zona de sombra con pérgola que terá mesas.

Na alameda vaise crear unha “zona tranquila”. Pensada para persoas maiores, familias, mulleres embarazadas ou persoas con mobilidade reducida, situarase a carón da fonte. Contará cunha decena de mesas e parasois e valorarase a posibilidade de servir a sidra a estas mesas, tendo en conta que está pensada para persoas que terán dificultade no acceso á zona da barra.

Barra e venda de botellas

Durante a feira poderase degustar a sidra de 24 lagares diferentes, que se atoparán nunha barra dentro da carpa instalada ás portas do Consistorio. Amais, vaise instalar un punto de venda de botellas coas sidras que ofrece cada lagar. Previsiblemente estea a carón do punto de venda de vasos.

Venda de vasos

A venda anticipada de vasos decidiuse prolongar ata o vindeiro venres como consecuencia das peticións de reserva que recibiron a través das redes sociais e doutras vías. Poderanse adquirir en horario de mañá durante o xoves e o venres. Ademais, o propio sábado haberá un punto de venda na Praza do Concello.

Música

A Feira da Sidra estará rodeada de música. A noite antes estrearase o Son de Lagar, un festival no que estarán Kid Mount, Ünder & Diego Flâneur e Kike Varela.

Na degustación matutina (12.00 a 15.00 horas) actuarán Galifunk e Señora DJ. Ás 16.00 horas comezará un tardeo en Serafín Pazo un tardeo. Parará ás 19.30 horas, momento no que os lagares voltarán servir sidra. Durante a degustación da tarde entregaráselle o Grolo de Ouro a Sagardoaren Lurraldea e actuará Son das Tabernas. O remate está previsto para as 21.00 horas, momento no que se retomará o tardeo.

Imaxe de portada: venda anticipada dos vasos // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo