Publicidade

Manuti e Javichu renovan co Estradense

Manuti e Javichu renovan co Estradense

O CD Estradense anunciou que Manuti e Javichu continuarán un ano máis como adestradores do equipo principal. Unha decisión que chega despois de que os roxillos fixeran historia ao clasificarse nos playoffs de ascenso por segundo ano consecutivo.

Dende o club sinalaron que “o seu compromiso, traballo e dedicación foron fundamentais para o crecemento do noso proxecto deportivo”. Mostráronse “satisfeitos” de que continúen unha campaña máis.

Con Manuti e Javichu como adestradores o Estradense xogou dous playoffs de ascenso consecutivos que, á vez, foron a segunda e terceira promoción de ascenso nos seus 101 anos de historia. Do mesmo xeito, as tempadas 2024/2025 e 2025/2026 correspóndense coas de mellor e terceira mellor porcentaxe de vitorias na casa, respectivamente.

Imaxe de portada: Manuti chegando ao Novo Municipal nos playoffs de ascenso // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo