A Feira do Moble xa ten comercializada o 90% da superficie expositiva dos catro pavillóns destinados á feira. En total estarán presentes arredor de medio cento de firmas. Ademais das últimas novidades no mobiliario e decoración, haberá un pavillón multisectorial con produtos varios e antigüidades.
A Feira do Moble celebrarase do 17 ao 20 de setembro na Estrada, con horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas. Os dous primeiros días a entrada será de balde.
Imaxe de portada: Feira do Moble 2025 // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta