O Club Sincroburbullas celebrará o 20 de xuño ás 19.30 horas unha exhibición de natación artística. Será na piscina climatizada e porá o punto final á tempada 2025-2026. O evento foi presentado por persoal da piscina e por Amalia Goldar, quen exerce de alcaldesa en substitución de Gonzalo Louzao durante a súa baixa.
A entrada será gratuíta. Os asistentes poderán desfrutar de coreografías grupais, solos e dúos de natación artística. Os deportistas participantes terán idades comprendidas entre os 8 e os 55 anos.
Imaxe de portada: presentación da exhibición // Concello da Estrada


Deixa unha resposta