A Asociación Vagalumes e Minicines Central ofrecerán este xoves 11 ás 20.00 horas a proxección da curta Retornar Bretaña e o libro Tras os pasos de Castelao na Bretaña. Será nas instalacións dos cines.
En Retornar Bretaña viáxase polos lugares e monumentos que percorreu Castelao no 1929 para estudar as cruces de pedra. A curta dura 33 minutos e relaizouna a A.C. Vagalumes no marco do seu proxecto de posta en valor do patrimonio e de recoñecemento da figura de Castelao.
Neste acto tamén se presentará o libro Tras os pasos de Castelao na Bretaña. Da autoría de Robert Neal Baxter Ford e edición da asociación Breizh-Galiza, achéga o lector aos bens patrimoniais que analizou Castelao e mostra lugares de interesese deste territorio celta.
Imaxe de portada: parte do cartel do acto // cedido


Deixa unha resposta