Publicidade

O asfaltado da N-640 provoca retencións na Estrada

Este martes a circulación na Estrada viuse afectada polo asfaltado parcial da N-640 ao seu paso polo casco urbano. Os operarios estiveron traballando dende primeira hora da mañá e realizando tráfico alternativo para os vehículos. Dada a alta densidade de tráfico que ten esta estrada, producíronse retencións. Nas xornadas anteriores xa estiveron asfaltando dende O Foxo ata Lagartóns.

Os asfaltados comezaron o pasado 18 de maio no marco dun plan de reparación dos danos dos temporais na estrada nacional.

Imaxe de portada: asfaltado na Avenida Benito Vigo // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta