Publicidade

58 persoas participaron na excursión da Fervenza de Ouzande a San Simón

58 persoas de diferentes idades — incluído un bebé — foron de viaxe este domingo á Ensenada de San Simón. Foi na excursión anual da Fervenza de Ouzande. Ao longo das 12 horas que durou puideron coñecer diferentes lugares desta zona e a súa historia.

A visita comezou polas illas de San Simón e San Antón e o seu pasado como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. Xa en territorio peninsular, a visita pasou por Meirande — o museo da batalla de Rande –. Para xantar trasladáronse a Pontesampaio (Pontevedra) e a viaxe continuou por Redondela e as Salinas do Ulló (Vilaboa).

A actividade da asociación ouzandesa non cesa tras esta excursión. O vindeiro sábado 20 celebrarán a festa fin de curso das súas clases de canto, baile e música.

Imaxe de portada: foto de familia da excursión en San Simón // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo