Tras o pregón deste mércores a cargo de Tequexetéldere, este xoves a axenda de eventos das festas de San Paio comeza a encherse. Será o segundo día de festexos e o día previo ao día grande, polo que á noite terán lugar dúas das actuacións musicais máis destacadas dos festexos.
Ás 10.00 horas lanzaranse as bombas de palenque. Ás 11.00 horas comezarán os pasarrúas cos grupos D’Cotío e Repenicando. Media hora máis tarde comezará na Zona Deportiva a AE League. De 12.00 a 14.00 horas a Alameda encherase de talleres de artesanía, grafiti, un simulador de coches, nerfs e un torneo de brilé co XFest.
Xa pola tarde, ás 18.30 horas o mago Pablo Estévez actuará na Praza do Mercado. Unha hora máis tarde a charanga Los Támega animará as rúas da Estrada.
A verbena comezará ás 21.30 horas con 9Louro na Farola. Ás 22.30 horas a orquestra Gran Parada comezará o primeiro pase na Porta do Sol, para ás 23.30 horas darlle paso a Baiuca na Farola. Ao remate, á 1.00 horas, comezará o segundo pase de Gran Parada.

Imaxe de portada: actuación de Tequexetéldere este mércores // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta