Dúas rapazas saharauís pasarán o verán na Estrada

Dúas rapazas saharauís pasarán o verán na Estrada

Este luns o Concello da Estrada acolleu unha recepción a dúas rapazas saharauís que pasarán o verán na Estrada e a outro que o fará en Roxos. Un deles faino por primeira vez e dous deles, por terceira. Estarán ata principios de setembro.

Chegan dende os campamentos de Smara e Auserd. O que máis lles choca, contan as familias acolledoras, son a relación de familia, a paisaxe galega e a chuvia.

Jennifer, unha das nais acolledoras, conta que é unha experiencia que xa os marcou na súa familia e iso que os nenos só levan catro días con eles. Ademais, é a primeira vez que participa no programa.

O caso de Teresa é completamente diferente. Ela xa viviu a experiencia sendo filla, pois seus pais comezaron cando tiña 14 anos e decidiu ser nai acolledora. Aínda así, notou a diferencia entre cando era filla e a actualidade.

Agora teñen por diante dous meses nos que compartirán experiencias para, quen sabe, se repetir o ano que vén.

Imaxe de portada: recepción dos rapaces // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo