6 empresas optan a construír unha senda peonil entre A Estrada e o polígono de Toedo

6 empresas optan a construír unha senda peonil entre A Estrada e o polígono de Toedo

A Xunta de Galicia recibiu seis ofertas para construír a senda peonil e ciclista que unirá Figueiroa co polígono de Toedo. Esta obra conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros e farase paralelo á PO-841, concretamente ao carril dirección A Estrada.

As obras inclúen a creación de dúas estruturas de formigón prefabricado nos puntos nos que a senda cruza dous leitos. Faranse en paralelo ás existentes. Amais, adaptarase a rede de drenaxe á nova sección transversal da vía e executarase a canalización para comunicacións baixo a senda.

Imaxe de portada: anuncio da construción da senda, no mes de maio // Xunta

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo