Catro das principais orquestras estarán nas festas de Callobre

Catro das principais orquestras estarán nas festas de Callobre

Todos os anos Callobre é protagonista polo cartel das súas festas, e este ano non son menos. Catro das principais orquestras do país pasarán entre o 20 e o 21 polo campo da festa da parroquia.

Ambos días oficiarase unha misa ás 13.00 horas. A sesión vermú correrá a cargo da Banda Municipal de Silleda o luns e da Banda Municipal da Estrada o martes.

A verbena do luns 20 estará amenizada polas orquestras La Misión e París de Noia. Namentres, na do martes 21 estarán Panorama e Los Satélites.

Imaxe de portada: A Panorama nas festas da Estrada // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo