Esta fin de semana Agar estará en festas. O sábado 18 honrarán a Santa Mariña cunha misa ás 13.00 hras. Ao remate, a sesión vermú correrá a cargo da charanga Os Intocables. Á noite a verbena amenizarana o dúo Énfasis e a disco Pirámide XL, que contará co DJ Efrén.
O domingo 19 oficiarase unha misa na hora do Santísimo ás 13.30 horas. A procesión musicaraa a Banda Cultural da Estrada.


Deixa unha resposta