Esta fin se semana Ribela celebrará as súas festas patronais. Conezarán o sábado 18 ás 13.00 horas cunha misa na honra da patroa cantada polo Coro San Salvador de Camanzo. A sesión vermú estará amenizada pola Charanga Charandonga. Á noite, a música poñerana Fania Blanco Show e a Disco Pirámide con Marcos Fdz. Terán pulpeiro e inchables.
O domingo 19 ás 13.00 horas oficiarase unha misa cantada polo Coro de Santa Cristina de Vea. A sesión vermú correrá a cargo dos Pereiriños de Curantes.


Deixa unha resposta