Do 18 ao 20 de xullo Santa Mariña de Barcala celebrará as súas festas patronais. Comezarán o sábado 18 cunha misa ás 13.00 horas. Os Sin Son Gaiteiros cantarán a misa e amenizarán a sesión vermú. Na hora do vermú tamén estará o dúo Imagine, que repetirá na verbena.
O domingo 19 oficiarase ás 12.00 horas unha misa na honra do Santísimo. A sesión vermú correrá a cargo da Banda de Gaitas de Barbude.
O luns 20, día de San Roque, celebrarase unha misa ás 13.00 horas.


Deixa unha resposta