Publicidade

Adiantan algúns dos grupos que tocarán no As Nosas Músicas

Este martes presentouse a 29ª edición do As Nosas Músicas, que se celebrará o 13 e 14 de agosto en Couso. Como vén sendo habitual, servirá de antecedente para as festas parroquiais.

O programa abrirá ás 18.00 horas do xoves 13 cunha feira de artesanía, títeres e unha ruada a pé de pista. O venres 14 terán un faladoiro sobre a requinta da Ulla, unha sesión vermú a cargo da Requinta de Lampai na que haberá xigantes e cabezudos, xogos para os rapaces e un obradoiro de baile. Á noite, no festival estarán A Conhadeira, Bouva, Caldo e Os Rabizos, Carapaus e Armonium.

O Premio As Nosas Músicas entregarase a Joaquín Espiño, do obradoiro de gaitas e requintas Espiño, de Berres. Este é o máis antigo de Galicia.

Coma cada ano haberá zonas de acampada e gastronomía, buses de ida e volta dende A Estrada e camisetas á venda por 15 euros, que tamén se poderán adquirir online. Segundo se vaian achegando as datas irán ofrecendo máis información.

Mención a Callobre

Dende A Xesteira quixéronse lembrar do Folk de Raíz de Callobre, que se ía celebrar sábado e tivo que suspenderse por mor das treboadas. Precisamente, dende a organización do Folk de Raíz anunciaron que están buscando novas datas para celebralo.

Imaxe de portada: presentación do 29º As Nosas Músicas // Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a «Adiantan algúns dos grupos que tocarán no As Nosas Músicas»

  1. […] Unha das principais actividades será a visibilización do papel da muller nesa parroquia mediante entrevistas e a creación dun arquivo e un itinerario cultural baseado na antiga escola feminina. No vencellado ao medioambiente, farán labores de limpeza, mantemento e mellora de acceso en espazos naturais locais. Ademais, apoiarán a organización, loxística e difusión do festival As Nosas Músicas, que se celebra en Couso o 14 e 15 de agosto. […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo