O Concello rematou os traballos de sectorización da traída de Codeseda, o que implica que teñen control da auga que se consume na parroquia estradense. Dende a administración local sinalan que o consumo está sendo o habitual, afastado dos picos que se teñen rexistrado nesta época do ano.
Segundo os últimos datos aportados este luns polo concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, na rede de abastecemento ao casco urbano o consumo atópase en 3.300 metros cúbicos diaros, lexos dos 5.400 metros cúbicos ao día que se teñen rexistrado nalgúns días do pasado verán.
No caso de Codeseda, cada día consúmense 45 metros cúbicos. Por estas datas, sinalou Durán, en 2025 a cifra ascendía ata os 70 metros cúbicos por xornada. Engadiu que nesa zona puidéronse detectar dúas incidencias que supuxeron a perda de 45.000 litros de auga en catro días. As incidencias estiveron vencelladas a “descoidos no fogar”, polo que instou á veciñanza a pechar a auga cando se ausenten do domicilio durante varios días.
Imaxe de portada: visita á ETAP de Parada // Concello da Estrada / Arquivo

Deixa unha resposta