Publicidade

Continúan as reunións pola liña de alta tensión

Este martes celebraronse reunións informativas sobre a Liña de Alta Tensión A Estrada – Paizás. Foron no Foxo (Rubín) e en Guimarei. Este mércores, ás 20.00 horas, terá lugar outra no campo da festa de Ouzande.

Cómpre lembrar que a liña de alta tensión podería conlevar afeccións a 800 bens en territorio estradense. No modelo de alegación redactado por Tysgal, empresa que está resolvendo as dúbidas da cidadanía nas reunións, recóllese que ata 16 núcleos de poboación estarían a menos de 200 metros do tendido.

Esta liña é necesaria para unir as subestacións da Estrada e Paizás (Silleda). A subestación da Estrada só se subministra dende a estación de Tibo (Caldas de Reis) e a de Silleda dende a de Portodemouros. Por iso, esta liña de alta tensión permitiría manter a subministración ante posibles incidencias.

Comentarios

Deixa unha resposta