Publicidade

Festas de San Miguel en Arca

Esta fin de semana Arca honrará a San Miguel. Os actos comezarán venres ás 19.00 horas cunha misa cantada polo coro parroquial.

O sábado 3 ás 13.00 horas oficiarase unha misa cantada polo Coro Parroquial de Arca. A procesión e a sesión vermú correrán a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Ás 18.30 horas Priscila Dance ofrecerá unha clase de zumba e haberá inchables de balde para a rapazada. A verbena comezará ás 20.00 horas. Actuarán o dúo Arco Iris e Marietta. Ás 22.30 horas faranse sorteos. Haberá polbeira.

O domingo 4 oficiarase unha misa ás 13.00 horas. Cantaráa o coro da parroquia. A procesión e a sesión vermú contarán co acompañamento do grupo de gaitas Os Ke Hai.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo