Publicidade

Comezan as obras da senda peonil entre A Estrada e Toedo

As obras de construción dunha senda peonil e cliclista paralela á PO-841 entre A Estrada e o polígono de Toedo xa comezaron. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, supervisaron este mércores as obras. Custará 1,1 millóns de euros, cofinanciados entre a Xunta e os fondos europeos FEDER. O prazo de execución é de 12 meses.

Serán 2,4 quilómetros nos que o ancho mínimo da senda será de 1,8 metros. Farase paralela á estrada PO-841 pola marxe dirección A Estrada. Para cruzar dous leitos será necesario construír sendas estruturas de formigón prefabricado.

Entre as actuacións tamén se atopa a adaptación da rede de drenaxe, a execución de canalización para comunicacións, a mellora da sinalización ou a habilitación de muros de perpiaños pola diferencia de nivel entre varias parcelas da zona de actuación coa estrada. Tamén se instalará pavimento podotáctil nos extremos da senda, nas paradas de bus e pasos de peóns.

Melloras na PO-213

A conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, avanzou que próximamente comezarán os traballos de reforzo de firme na PO-213. Xa están rematadas os da PO-841.

Imaxe de portada: visita ás obras // Xunta

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo