Publicidade

Fin de semana de festas patronais en San Miguel de Castro

Esta fin de semana San Miguel de Castro honra o seu patrón. Os festexos comezarán o sábado 3 cunha actuación do grupo Os Laxeiros a carón da igrexa parroquial. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa cantada polo coro parroquial. A sesión vermú correrá a cargo do dúo Punto Zero. Á noite, os dúos Punto Zero e Reflejos serán os encargados de amenizar a verbena.

O domingo 4 oficiarase unha misa cantada ás 13.00 horas. O coro da parroquia será o encargado de cantar a cerimonia. A sesión vermú correrá a cargo da charanga Os Atrevidos.

Comentarios

Deixa unha resposta