As parroquias estradenses de Arnois e Santeles contarán coa actuación da orquestra El Combo Dominicano este agosto. No primeiro dos casos será o mércores 5, namentres que no segundo será o venres 28.
En Arnois será no marco da festa na honra da Virxe das Neves. Alí os festexos comezarán coas misas rezadas que se oficiarán ás 10.00, 11.00 e 12.00 horas. Ás 13.00 horas terá lugar unha misa cantada. Ao remate, a sesión vermú correrá a cargo do grupo de música tradicional 7 Ferrados. Xa á noite, estarán as orquestras Cinema e El Combo Dominicano. Ademais, haberá unha gran tirada de fogos artificiais.
No caso de Santeles o cartel aínda non se coñece. Este mércores a comisión de festas anunciou a presenza da orquestra cun vídeo. Nel, un dos seus cantantes e concursante na última edición do Benidorm Fest, Kennet, di que estarán o 28 de agosto na parroquia estradense e que “será un festón”. A orquestra levaba 12 anos sen estar alí.
Imaxe de portada: El Combo Dominicano no San Paio 2025 // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta