Publicidade

A Banda Municipal celebra a súa propia festa

A Banda de Música Municipal da Estrada celebrará o sábado 8 de agosto a súa festa anual. Será na praia fluvial e contará cun xantar no que se inclúen aperitivos, polbo, churrasco, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 38 euros, excepto para os rapaces e rapazas de entre 0 e 6 anos, que pagarán 10 euros, e para os de entre 7 e 15 anos, que pagarán 15 euros. A reserva pódese facer no teléfono 623 350 731 antes do 4 de agosto.

Comentarios

Deixa unha resposta