O goberno estradense adxudicou o pasado luns as obras de mellora e ampliación do parque de Figueiroa a Oziona Soluciones de Entretenimiento S.L. A empresa terá un prazo de dous meses dende o inicio das obras para executalas e contará cun orzamento de 42.360 euros.
O aumento de poboación nesa zona fixo que, pouco a pouco, o parque fose quedando pequeno. Por iso, aos 116 metros cadrados de área de xogo que ten actualmente, engadiránselle outros 60, quedando preto dos 180 metros cadrados.
A obra pasa pola ampliación da soleira actual, a instalación de novas lousas homologadas na totalidade da superficie de xogo e a colocación de novos elementos de xogo. Concretamente, na proposta de elementos de xogo inclúense un tobogán que parte dende unha casiña e un columpio semellante ao xa existente na alameda.


Do mesmo xeito, manterase a pérgola existente, así como a zona de xardín. Con esta medida preténdese que os usuarios de máis idade tamén poidan gozar do enclave. Ademais, na proposta contémplase un novo modelo de bancos.

Imaxe de portada: parque de Figueiroa // Concello da Estrada


Deixa unha resposta