Os traballos de mellora da PO-841 chegan á Estrada

Os traballos de mellora da PO-841 chegan á Estrada

Dende hai varias semanas os traballos de mantemento, conservación e mellora da seguridade viaria chegaron á PO-841. Este xoves as obras concentráronse nas rotondas coas que conta a vila da Estrada.

A primeira parte dos traballos concentrouse dende principios de mes no treito comprendido entre Santa Cristina de Vea e o polígono de Toedo. En concreto, os labores consisten na mellora da capa de rodaxe, a aplicación de slurry — un produto asfáltico que se dispensa na capa superficial para gañar adherencia — e a renovaciñon da sinalización horizontal mediante tarefas de pintado.

As obras contratounas a Xunta de Galicia a través da Axencia de
Infraestruturas de Galicia por ser unha estrada de titularidade autonómica.

Imaxe de portada: traballos nunha das rotondas da PO-841 // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo