Publicidade

Aguións, en festas pola Nosa Señora

Esta fin de semana Aguións celebrará as súas festas na honra de Nosa Señora e do Santísimo. Comezarán o sábado 15 ás 12.30 horas cunha misa cantada polo coro parroquial. Ao remate, a sesión vermú correrá a cargo da Banda Artística de Merza. O domingo 16 oficiarase unha misa cantada polo coro da parroquia ás 13.30 horas. A sesión vermú estará amenizada por De Cotío Gaiteiros.

Comentarios

Deixa unha resposta