En Forcarei, en dez minutos chegou a baixar un grao
A eclipse deste mércores, amais de ser histórica, deixou un destacado descenso térmico que máis dun agradeceu durante a súa observación. En función do sitio o descenso notouse máis ou menos.
Tanto na Estrada coma en Forcarei chegaron a perder catro graos nunha hora. En Forcarei, cos datos de MeteoGalicia, pódese destacar un intervalo de dez minutos no que o mercurio baixou un grao. Foi xusto despois do máximo, entre as 20.30 e as 20.40 horas, cando a temperatura pasou de 25,14 a 24,14 graos.
No Monte Xesteiras, en Cuntis, o descenso térmico non foi tan destacable. De feito, ao longo de toda a eclipse só baixou tres graos. Con todo, si que se percibiu unha maior baixada durante os momentos de máis ocultación do sol, tal e como aconteceu nos outros dous concellos.


Deixa unha resposta