Publicidade

Callobre pon data á súa ruta cabalar

A V Ruta Cabalar de Callobre celebrarase o 12 de setembro. A saída será ás 15.00 horas dende o campo da festa. Ás 22.00 horas servirase a cea e, despois, a festa continuará da man do dúo Punto Zero.

O menú da cea constará de lagostinos á prancha, churrasco de porco, patacas e ensalada, bebidas, sobremesa e café. Os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos pagarán 15 euros.

Se só se vai á ruta, o prezo é de 10 euros, se só se asiste á cea é de 30 euros e de asistir a ambos, de 35 euros. As reservas pódense facer no 657925255 ou no 635485084.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo