Publicidade

Paradela, en festas polos Desamparados

Esta fin de semana Paradela celebra a festa dos Desamparados. O venres 21 terán unha verbena a cargo do dúo Eva e Camilo. Comezará ás 23.00 horas. O sábado 22, ás 13.15 horas, oficiarase unha misa solemne cantada polo coro parroquial. O pasarrúas e a sesión vermú correrán a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Ás 23.00 horas comezará a verbena, amenizada polos dúos Arcángel e Son II. Ás 00.00 horas tiraranse fogos de artificio. Durante a verbena haberá sorteos e, se o tempo o permite, contarán con inchables gratis.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo