Publicidade

Queixas pola non inclusión dalgúns viais nos plans de asfaltados

Adóitase dicir que nunca chove a gusto de todos e o plan de asfaltados anunciado hai pouco máis dunha semana polo Concello dá boa conta diso. Nas redes sociais diferentes veciños lamentaron que non se incluíran algúns viais que presentan algún desperfecto.

No lugar de Carricova, en Santeles, os veciños mencionan un dos camiños, no que parte do asfalto xa desapareceu polos laterais.

Na zona de Vea son varios os veciños que consideran insuficiente o plan de asfaltados. En Montillóns (Souto) tamén se pediron actuacións nunha pista. Do mesmo xeito, dende Ribela denuncian a “urxencia” de actuar na vía que une Trabadela con Outeiro.

Investimento histórico

Na noticia que publicou este mesmo medio co anuncio dos camiños que se ían asfaltar recollíase que o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, sinalaba que se trataba dun “investimento histórico de máis de tres millóns de euros”. En canto ás posibles queixas que puideran xurdir por non estar todas as que terían que estar, Louzao agradecía “a paciencia e a comprensión que amosan os veciños e veciñas”. “Xestionar unha rede de 2.000 quilómetros de vías municipais obríganos a establecer prioridades e unha programación rigorosa”, dicía para xustificar que non se chegue a todas as vías que o precisan.

Imaxe de portada: camiño de Santeles que suscita queixas // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo