Publicidade

A Estrada destinará 3 millóns de euros a asfaltar 116 vías do rural

O Concello da Estrada anunciou este sábado o plan de asfaltados para o rural correspondente ao ano 2026. Un plan que pretende ser histórico ao destinar tres millóns de euros para asfaltar 116 pistas e camiños municipais.

Serán 44 as parroquias que se beneficiarán deste proxecto. Na lista de vías municipais que se asfaltarán tamén aparecen as xa anunciadas para a área rural da parroquia da Estrada. As pistas e camiños que se asfaltarán son os seguintes:

  • Arnois: Os Bieites, A Carballeira e San Xiao.
  • Oca: Outeiro e Oca de Arriba.
  • Loimil: Tramo de Riomao á N-525 e Acceso a Os Casares.
  • Couso: Mellora de accesos a Fontenlo e mellora de accesos a Couso.
  • San Miguel de Barcala: Mellora do acceso ás Quintas.
  • San Xurxo de Vea: Mellora do acceso a O Casal e mellora de acceso a Loureiro de Arriba.
  • Santeles: Renda.
  • Paradela: Aldea Grande.
  • Ribeira: Vilar, Barbude, Baltar-Escola e Baltar-San Vicente.
  • Berres: Celeiróns, A Mouteira-O Pereiro,Vilancosta.
  • Riobó: Os Besteiros, O Río, Barcia, San Martiño e San Martiño-A Pena.
  • Orazo: Vendexa, Currelo-Vilanova, Currelo e Currelo-Baldarís.
  • Santa Mariña de Barcala: Santa Mariña.
  • Frades: Frades-Casalpaio.
  • Santo André de Vea: Trazarís-Cardelle, Cardelle, Ramiráns, Celeiróns, Vera e Trazarís.
  • San Xiao de Vea: Vixín-Sandelle-Gondomar.
  • Baloira: Montoiro.
  • Toedo: Toedo e Talló.
  • Barbude: Trasmonte e Acceso ao Muíño do Salgueiro.
  • Moreira: Outeiro, Moreira Nova e A Pica.
  • San Tomé de Ancorados: Igrexa-Gontén.
  • San Pedro de Ancorados: San Pedro, Brei, Ventosela-San Pedro e Ribas.
  • Agar: Gueifas e O Río.
  • Matalobos: A Brea.
  • A Estrada (rural): Vilar, Acceso Recreo Cultural, Camiño de Penerada-Ouzande, Camiño dos Ramos e O Pedregal.
  • Aguións: O Codeso.
  • Callobre: Aldea Grande-A Riba, Nogueira, Vilafruxil, O Vilar, O Vilar-Aldea Grande.
  • Rubín: Bemposta, O Sol, A Igrexa (Rubín)-A Brea (Pardemarín), Foxo-Tras da Capela e O Sol-Acceso.
  • Curantes: Cortes e As Pereiras.
  • Ouzande: Alemparte-Sureiros (Somoza).
  • Lagartóns: Os Bolos e Ouzamerxe.
  • Guimarei: A Torre e Campos-A Cruz.
  • Somoza: Castro Ramiro, Cernadela e Vila de Abaixo.
  • San Xurxo de Cereixo: O Millarrabo-O Viso, O Millarabo, Señoráns e Constenla.
  • Olives: Os Pereiriños-Viladefonso, Fraiz e Fraiz-A Lagoa.
  • Pardemarín: Piñeiro-Golfariz e A Brea-Vinseiro.
  • Tabeirós: Tabeirós, Tabeirós-Sandán, Sandán, Sandán-Piñoi, Cimáns, Outeiro, As Carballas, Sar, As Quintas e Tosar.
  • Parada: Estrada municipal de San Xorxe a O Arnado e Eiriz-As Vilas.
  • Nigoi: Escariz e A Silva.
  • Ribela: Vilar-Entrecastrelo e Entrecastrelo-Arnado.
  • Arca: Os Carballal-Ascensión e A Goleta.
  • Codeseda: Monteagudo, As Quintas, Outeiro e Acceso Arnado-Abragán.
  • Liripio: A Canda-Portela e Cabanelas.
  • Souto: San Torcado-Campo Lameiro.

Os tres millóns de euros sairán de diferentes programas. Segundo o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, esta fase “supón un investimento histórico de máis de tres millóns de euros e, sumada ás actuacións xa executadas, permitirá superar os cinco millóns de euros investidos entre 2025 e 2026. O noso obxectivo é claro: que ese esforzo económico se traduza en mellores comunicacións e en actuacións nas vías das 51 parroquias da Estrada”. Sen embargo, non se ofreceron prazos para a súa execución.

En canto a posibles queixas que poidan xurdir porque non estean todas as zonas que necesitan ser reparadas, Louzao quixo agradecer “a paciencia e a comprensión que amosan os veciños e veciñas”.

“Xestionar unha rede de 2.000 quilómetros de vías municipais obríganos a establecer prioridades e unha programación rigorosa”, dixo o alcalde. “Temos unha rede viaria tan extensa que fai imposible dar resposta a todas as demandas coa rapidez que todos desexariamos. Por iso estamos a traballar cunha planificación anual, incrementando en cada fase tanto o investimento como o número de actuacións, para seguir mellorando progresivamente o estado das nosas estradas e chegar a todo o territorio”, sinalou Gonzalo Louzao.

Imaxe de portada: Gonzalo Louzao coa alcaldesa de barrio de Oca no último plan de asfaltados completado // Concello da Estrada

Comentarios

Unha resposta a «A Estrada destinará 3 millóns de euros a asfaltar 116 vías do rural»

  1. […] dicir que nunca chove a gusto de todos e o plan de asfaltados anunciado hai pouco máis dunha semana polo Concello dá boa conta diso. Nas redes sociais diferentes veciños lamentaron que non se […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo