Esta fin de semana Guimarei celebra a festa das Dores. Comezarán venres cunha verbena a cargo da orquestra Fuego e rematarán domingo.
O sábado oficiarase unha misa na honra de San Roque ás 13.00 horas. A sesión vermú, así como a degustación de torresmos, churrasco e chourizos que comezará ás 21.00 horas estarán amenizados pola charanga Os Atrevidos. Ás 22.00 horas comezará a verbena, a cargo de América SL e do dúo Punto Zero.
O domingo terá lugar unha misa solemne ás 13.00 horas. A sesión vermú estará musicada pola Banda de Música Municipal da Estrada.


Deixa unha resposta