Esta fin de semana Tequexetéldere volve viaxar para actuar. Participarán no Festival de Folklore Día de Extremadura que organiza o grupo Coros y Danzas Villa de Leganés. O festival comeza este venres e remata domingo. Os estradense actuarán sábado ás 20.00 horas, compartindo escenario co grupo anfitrión e co Grupo Folklórico Leyendas de México. O grupo Coros y Danzas Villa de Leganés xa actuou este ano con Tequexetéldere, no Festival de Folclore do Salmón.
Imaxe de portada: Tequexetéldere, antes de viaxar a Lorient // Xornal da Estrada / Arquivo


Deixa unha resposta