A Feira do Moble acolleu unha xornada informativa sobre Formación Profesional. Nela, o alumnado de 4º da ESO do IES Manuel García Barros puido coñecer esta modalidade formativa. O xefe de servizo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Bertín Parga, cifrou en máis do 85% a taxa xeral de inserción laboral da Formación Profesional, chegando ao 90% nalgunha das ramas.
A Feira do Moble encara xa a súa segunda metade, que é na que se prevé unha maior afluencia de xente. Tanto sábado coma domingo o recinto estará aberto de 11.00 a 20.00 horas e a entrada será de pago. Ambos días, ás 18.00 horas, haberá un espectáculo de maxia. O domingo tamén se sortearán lotes promocionais e unha viaxe para dúas persoas.
No eido institucional, este sábado o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitará a feira a partir das 11.00 horas, coincidindo coa apertura do recinto ao público.
Imaxe de portada: charla sobre a FP // cedida


Deixa unha resposta