Publicidade

Veciños da Avenida de Santiago piden máis estacionamentos e controis de velocidade

A Asociación de Veciños da Avenida de Santiago e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, mantiveron este xoves unha reunión. Nela, os veciños reclamaron a creación dun novo estacionamento, poder aparcar na nova parada de bus fóra do seu horario de uso, unha maior limpeza de beirarrúas, contedores e zonas verdes e unha maior vixilancia policial e controis de velocidade para apaciguar o tráfico. Estas medidas non só se piden para a Avenida de Santiago, senón que tamén as reclaman para o Camiño da Congostra e a Rúa da Cultura.

Imaxe de portada: Avenida de Santiago // Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a «Veciños da Avenida de Santiago piden máis estacionamentos e controis de velocidade»

  1. […] resposta a unha petición veciñal, marcarase unha zona de estacionamento en batería na entrada do Camiño da Congostra. Será na […]

Deixa unha resposta