O Concello da Estrada, a través da Policía Local, implementou melloras na sinalización horizontal de varias rúas da vila. En total foron unha trintena de intervencións coas que se deu resposta ás necesidades detectadas pola policía e ás peticións veciñais.
Na Feira colocáronse zigzags sinalando as zonas nas que non se pode estacionar. Na Rúa José e Severino Trigo instaláronse pivotes para impedir a parada ou estacionamento de vehículos. Na contorna da Feira, así como en diferentes puntos da Zona Deportiva, pintáronse prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
En resposta a unha petición veciñal, marcarase unha zona de estacionamento en batería na entrada do Camiño da Congostra. Será na marxe dereita, con estacionamento en liña na marxe esquerda e repintado das marcas existentes.
O programa tamén inclúe o pintado de prazas para motocicletas na Rúa Justo Martínez; liñas amarelas en vaos; novas prazas para usuarios con mobilidade reducida; entradas de garaxe ou o repintado no cruce entre a Rúa Gradín e a Rúa Catro Camiños, que se atopa actualmente moi desgastado polo uso. O mesmo acontece na Travesía da Cañoteira e na súa confluencia coa rúa que baixa da Praza da Feira.
Imaxe de portada: pintado e colocación de pivotes en José e Severino Trigo // Concello da Estrada


Deixa unha resposta